Ir al contenido principal

Entradas

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...

O Consentimento e a Non discriminación

Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional!! Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  Recomendación lectora do libro: "El consentimiento " Na biblioteca escolar dispoñemos do libro "El consentimiento" o cal nos permite pensar cales son os límites e como establecelos. Para que o poidades disfrutar e coñecer o seu contido o equipo de convivencia e benestar facilitará aos distintos niveis educativos a posibilidade de empregalo nas súas aulas para traballar máis fondamente nesta temática tan importante co noso alumando   Traballamos a non discriminación a través das seguintes actividades: Visualización   do vídeo  "Puercoespín en Navidad"  co obxectivo de reflexionar que ninguén debe ser rexeitado por ser diferente, xa que a diversidade é unha grande oportunidade de aprendizaxe, sendo moi importante traballar os valores da empatía e da amizade. A continu...

BANCOS DA AMIZADE

Os novos bancos da amizade xa están listos. Serán lugar de encontro entre mediadoras e mediadores e alumnado así como para todas as alumnas e alumnos que queiran resolver un conflicto mediante o diálogo pola súa conta ou simplemente pasar un anaco agradable coas amigas e os amigos. Non nos cabe ningunha dúbida de que serán todo un éxito.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non volencia. Todo o centro preparou unha canción conxunta que quedou así de chula. As rapazas e rapaces do obradoiro de danza crearon os pasos e servíronnos de guía. Tamén fixemos unha actividade de aula na que cada clase aportou unhas cantas ideas da imaxe que se lles viña á cabeza cando pecchaban os ollos e pensaban na paz. Invitámosvos a lelas. Hai pensamentos moi interesantes. Para rematar de conmemorar esta data tan importante, colocouse un buzón de palabras bonitas no que o cada alumno e alumna lle excribíu a outro compañeiro ou compañeira qeu era o que máis lle gustaba del ou dela. Durante toda a semana fóronse repartindo as cartas ata que todo o alumnado tivo a súa.

25N

Como cada 25 de novembro conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Enmarcado dentro das actividades relacionadas con esta data, púxose en marcha o concurso de lemas e logos do 5 N. Aquí podedes ver todos os traballos finalistas. O lema e logo gañadores foron usados polo concello de Salceda de Caselas para presentar a súa programación de actividades do 25N. Ademais creáronse camisetas e chapas co lema e co logo que levaron como premio as finalistas e todo o alumnado participante no concurso. O propio 25N todo o CEP Altamira se xuntou na praza do concello para gardar un minuto de silencio en recordo e homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e ler un manifesto.  Ademais levouse a cabo a performance "Derrubamos os muros" no que alumnado do centro derrubou un muro formado por caixas con palabras escollidas polos nenos e nenas que queremos que deixen de estar relacionadas coa muller porque... BASTA! Estamos fartas.

As mediadoras e mediadores visitan as aulas.

As nosas mediadoras e mediadores xa están listas e listos para comezar a traballar así que hoxe comezaron a visitar as aulas exlicándolle a todo o alumnado cal é a súa función, donde poden atopalos, en que casos poden ir a mediar e a solventar todas as dúbidas que os nenos e nenas podían ter. A próxima semana comezan! Moito ánimo rapazada!

Axentes verdes

Hoxe comezan a traballar os "Axentes Verdes". Estas patrullas buscan concienciar a todo o alumnado da importancia de manter os patios limpos.  Estes axentes traballarán nas horas de recreo por quendas dunha semana cada aula recordando a todas as nenas e nenos que os espazos de recreo son unha zoa común que temos que manter limpa entre todos e todas para unha mellor convivencia e coidado do noso planeta. 

Formación de mediadoras e mediadores.

Os nosos mediadores e mediadoras xa case están listos para comezar a traballar. O alumnado seleccionado estivo formándose en profundide estes días para lanzarse mans á obra nas próximas semanas. O primeiro paso será pasar polas aulas presentándose e explicándolle a todo o alumnado en que consiste a súa función. Esperamos que teñan moi boa acollida. Aquí está o oso equipo de mediadores ben concentrados en non perder detalle da formación.

Atención, atención!!!!!!

 Redobre de tambores... temos unha grande noticia!!! O próximo luns comeza no recreo o obradoiro de meditación. Animádevos a participar. Encataravos! Recordade que podedes traer unha alfombriña, farrapo, esterilla... ou o que mais vos apeteza para estar ben cómodos e cómodas. 

Traballando os medos.

Chegou a semana do Samaín e con ela o terror invade os centros. Que mellor momento ca este para traballar os medos? Aproveitando o intercambio de entradas para a semana de cine de terror os mais maiores pasaron polas aulas dos mais pequenos a contarlle un conto sobre os medos. Estes foron os contos que se traballaron. Se queredes volvelos ler só tedes que pinchar enriba da imaxe.  

Prácticas restaurativas

Esta semana o equipo de convivencia fixo unha visitiña polas aulas para asegurarse de que todas dispoñan de dous elementos fundamentais: 1. O obxecto da palabra. O obxecto da palabra é un elemento que se utiliza para facer círculos. Os círculos son unha ferramenta restaurativa que persegue: 1.1. Que interveña alumnado que normalmente non o fai. 1.2. Que haxa unha maior empatía e autoconfianza e, en consecuencia, un grupo-clase máis unido. 1.3. Que se verbalicen situacións que terían pasado desapercibidas. 1.4. Que se dea unha clara diminución dos conflictos na aula. 2. As tarxetas de pequenas reunións restaurativas. Estas tarxetas son un pequeno guión para afrontar situacións de conflicto na aula dun xeito restaurativo. Afrontar os conflictos deste xeito provocará: 2.1   Que o alumnado se respontabilice dos feitos posto que sabe que vai ser escoitado e poderá dar a súa visión do sucedido.  2.2. Unha maior empatía. 2.3. Restauración do dano. 2.4. Resolución real do conflic...

Primeiros pasos do equipo de mediación.

Este curso, de novo, poñerase a funcionar o programa de mediación. Esta semana o equipo de convivencia visitou as aulas de 6º para facer unha formación xeral sobre a mediación e buscar as primeiras mediadoras e mediadores do curso que se formarán máis en profundide nas próximas semanas. Veña, que arrancamos!!!

Benvidas ao novo curso.

Curso 22/23

8 M - DÍA DA MULLER

 O 8 de Marzo, día internacional da muller traballadora merece unha entrada especial no blog de convivencia do noso centro. Aquí vos propoñemos unha selección de actividades para traballar ao longo de toda a semana ou calquera día do ano. PARA O 1º CICLO Pareceunos moi interesante a seguinte curta que recolle unha experiencia levada a cabo nun centro. A idea sería reproducila nas nosas aulas. Animádesvos? Outra actividade interesante pode ser a lectura do conto "A TROGLODITA". Pincha na portada para acceder ao conto. PARA O 2º CICLO Visionado das seguintes curtas e posterior debate: Lectura do libro Princesa 2.0. Pincha na portada para acceder ao libro. PARA O 3º CICLO Visionado do documental "LAS QUE FALTABAN" que aborda o dificil papel da muller na música. Na seguinte canción podedes ver moitos exemplos de mulleres pioneiras nos seus campos. Queredes escoitar música feita por mulleres?  Pinchade no seguinte enlace e atoparedes música de todos os xéneros e para tod...

FEBREIRO

Para este mes propoñémosvos este conto para traballar a empatía, a envexa, a capacidade de alegrarse polas cousas boas que lle pasan aos demais e de valorar o que temos. Unha vez lido o conto pódese realizar a seguinte manualidade: - Realización do corazón cun caixón no que imos metendo todas aquelas cousas polas que podemos estar agradecidos na nosa vida. Para aqueles que queirades profundizar máis no tema recomendámosvos: Para os máis pequenos o seguinte conto: E para os máis maiores: Coma nas entregas anteriores tamén vos deixamos aquí outra sesión de mediatación. Convivencia CEP Altamira · Meditación Deixarémosvos por nivel unha destas barallas con moitas actividades de mindfulness. E este xogo de tarxetas: Pasaremos polas aulas a recoller os libros do Segredo de Flora. Esperamos que vos gusten as propostas e esperamos peticións.

DECEMBRO

Está a piques de chegar Decembro e con el a segunda entrega de propostas de actividades de convivencia. Nesta ocasión especialmente dirixidas a traballar A RABIA e a FRUSTRACIÓN. A PELOTA VERMELLA A primeira actividade que vos propoñemos é a lectura do conto "A pelota vermella" que podedes atopar no libro "De mayor quiero ser feliz". Deixámosvos aquí unha versión en galego. MEDITACIÓN. DINÁMICA DE  ROLE PLAYING. Consiste e que o alumnado colla unha das tarxetas que se propoñen e se poñan na situación que se expón. Deberán representar diante dos seus compañeiros e compañeiras como se sentirían eles en cada caso e como se enfrontan á situación normalmente. Poden facelo por parellas ou en grande grupo. Deixámosvos tamén unha tarxeta en blanco por se queredes engadir máis escenarios. Para complementar a tarefa, e despois de rematar o role playing ofreceremos ao noso alumnado opcións para superar estas situacións nas que a rabia e a frustración nos invaden. Tamén podedes...

OUTUBRO

Estas son as actividades que vos propoñemos para este mes. Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que a nimádevos a poñelas en práctica. Libro "Eu son paz"  Esta é unha fantástica proposta para que o noso alumnado coñeza o mundo da relaxación e o mindfulness. Lédelle o conto ao voso alumnado. Deixámosvos aquí esta versión en galego.  Podedes descargala pinchando na seguinte imaxe: Ou, se preferides, podedes visionar o conto no seguinte vídeo en castelán: Unha vez que leades o libro propoñémosvos facer a seguinte relaxación. Profe Belén · Medicación Guiada RESPIRA A cápsula do medo  Esta actividade consiste en meter nunha cápsula (que pode ser un bote de cristal) os medos que o alumnado escribíu previamente nun papel. Antes de introducilos na cápsula cada alumno ou alumna deberá explicar a todas as compañeiras e  compañeiros cal é o seu  medo e o resto deberá darlle estratexias para superar ese  medo. Ao final de curso abrirase a cápsula ...