Como cada 25 de novembro conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Enmarcado dentro das actividades relacionadas con esta data, púxose en marcha o concurso de lemas e logos do 5 N.
Aquí podedes ver todos os traballos finalistas.
O lema e logo gañadores foron usados polo concello de Salceda de Caselas para presentar a súa programación de actividades do 25N. Ademais creáronse camisetas e chapas co lema e co logo que levaron como premio as finalistas e todo o alumnado participante no concurso.
O propio 25N todo o CEP Altamira se xuntou na praza do concello para gardar un minuto de silencio en recordo e homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e ler un manifesto.
Ademais levouse a cabo a performance "Derrubamos os muros" no que alumnado do centro derrubou un muro formado por caixas con palabras escollidas polos nenos e nenas que queremos que deixen de estar relacionadas coa muller porque...
Comentarios
Publicar un comentario