Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

DECEMBRO

Está a piques de chegar Decembro e con el a segunda entrega de propostas de actividades de convivencia. Nesta ocasión especialmente dirixidas a traballar A RABIA e a FRUSTRACIÓN. A PELOTA VERMELLA A primeira actividade que vos propoñemos é a lectura do conto "A pelota vermella" que podedes atopar no libro "De mayor quiero ser feliz". Deixámosvos aquí unha versión en galego. MEDITACIÓN. DINÁMICA DE  ROLE PLAYING. Consiste e que o alumnado colla unha das tarxetas que se propoñen e se poñan na situación que se expón. Deberán representar diante dos seus compañeiros e compañeiras como se sentirían eles en cada caso e como se enfrontan á situación normalmente. Poden facelo por parellas ou en grande grupo. Deixámosvos tamén unha tarxeta en blanco por se queredes engadir máis escenarios. Para complementar a tarefa, e despois de rematar o role playing ofreceremos ao noso alumnado opcións para superar estas situacións nas que a rabia e a frustración nos invaden. Tamén podedes