Ir al contenido principal

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


 Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia. 


Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!! 


VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU" que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza. 

Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace: LOU



 
A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace ACTIVIDADES LOU 


O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores.

As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto intermedio, co obxectivo de reflexionar sobre a importanza de crear un clima de PAZ na aula e lograr así mellorar a convivencia escolar.










Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non volencia. Todo o centro preparou unha canción conxunta que quedou así de chula. As rapazas e rapaces do obradoiro de danza crearon os pasos e servíronnos de guía. Tamén fixemos unha actividade de aula na que cada clase aportou unhas cantas ideas da imaxe que se lles viña á cabeza cando pecchaban os ollos e pensaban na paz. Invitámosvos a lelas. Hai pensamentos moi interesantes. Para rematar de conmemorar esta data tan importante, colocouse un buzón de palabras bonitas no que o cada alumno e alumna lle excribíu a outro compañeiro ou compañeira qeu era o que máis lle gustaba del ou dela. Durante toda a semana fóronse repartindo as cartas ata que todo o alumnado tivo a súa.

O Consentimento e a Non discriminación

Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional!! Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  Recomendación lectora do libro: "El consentimiento " Na biblioteca escolar dispoñemos do libro "El consentimiento" o cal nos permite pensar cales son os límites e como establecelos. Para que o poidades disfrutar e coñecer o seu contido o equipo de convivencia e benestar facilitará aos distintos niveis educativos a posibilidade de empregalo nas súas aulas para traballar máis fondamente nesta temática tan importante co noso alumando   Traballamos a non discriminación a través das seguintes actividades: Visualización   do vídeo  "Puercoespín en Navidad"  co obxectivo de reflexionar que ninguén debe ser rexeitado por ser diferente, xa que a diversidade é unha grande oportunidade de aprendizaxe, sendo moi importante traballar os valores da empatía e da amizade. A continu...