Ir al contenido principal

O Consentimento e a Non discriminación




Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional!!

Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!! 


Recomendación lectora do libro: "El consentimiento"

Na biblioteca escolar dispoñemos do libro "El consentimiento" o cal nos permite pensar cales son os límites e como establecelos.

Para que o poidades disfrutar e coñecer o seu contido o equipo de convivencia e benestar facilitará aos distintos niveis educativos a posibilidade de empregalo nas súas aulas para traballar máis fondamente nesta temática tan importante co noso alumando 




Traballamos a non discriminación a través das seguintes actividades:

Visualización do vídeo "Puercoespín en Navidad" co obxectivo de reflexionar que ninguén debe ser rexeitado por ser diferente, xa que a diversidade é unha grande oportunidade de aprendizaxe, sendo moi importante traballar os valores da empatía e da amizade.
A continuación tedes un Genially sobre o vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=gQuzyWLz0CE



Analizamos as emocións:

Actividade: Un alumn@ cun elemento identificativo amarelo e outro vermello. O segundo será ignorado e o primeiro terá privilexios acordados entre todos/as. Aos tres días cambiamos o rol. Ao finalizar os seis días poñemos en común o traballo grupal que non se levará a cabo no recreo. 
Analizamos as emocións e a súa xestión.



E... se queredes tedes máis actividades para traballar o desenvolvemento socioafectivo e benestar, podedes entrar na páxina web de Proxecta e Conecta que tedes no seguinte enlace: https://proxectaeconecta.gal/saude





Comentarios

Entradas populares de este blog

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...

OUTUBRO

Estas son as actividades que vos propoñemos para este mes. Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que a nimádevos a poñelas en práctica. Libro "Eu son paz"  Esta é unha fantástica proposta para que o noso alumnado coñeza o mundo da relaxación e o mindfulness. Lédelle o conto ao voso alumnado. Deixámosvos aquí esta versión en galego.  Podedes descargala pinchando na seguinte imaxe: Ou, se preferides, podedes visionar o conto no seguinte vídeo en castelán: Unha vez que leades o libro propoñémosvos facer a seguinte relaxación. Profe Belén · Medicación Guiada RESPIRA A cápsula do medo  Esta actividade consiste en meter nunha cápsula (que pode ser un bote de cristal) os medos que o alumnado escribíu previamente nun papel. Antes de introducilos na cápsula cada alumno ou alumna deberá explicar a todas as compañeiras e  compañeiros cal é o seu  medo e o resto deberá darlle estratexias para superar ese  medo. Ao final de curso abrirase a cápsula ...