Ir al contenido principal

Traballando os medos.

Chegou a semana do Samaín e con ela o terror invade os centros. Que mellor momento ca este para traballar os medos?

Aproveitando o intercambio de entradas para a semana de cine de terror os mais maiores pasaron polas aulas dos mais pequenos a contarlle un conto sobre os medos.

Estes foron os contos que se traballaron. Se queredes volvelos ler só tedes que pinchar enriba da imaxe.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...

O Consentimento e a Non discriminación

Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional!! Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  Recomendación lectora do libro: "El consentimiento " Na biblioteca escolar dispoñemos do libro "El consentimiento" o cal nos permite pensar cales son os límites e como establecelos. Para que o poidades disfrutar e coñecer o seu contido o equipo de convivencia e benestar facilitará aos distintos niveis educativos a posibilidade de empregalo nas súas aulas para traballar máis fondamente nesta temática tan importante co noso alumando   Traballamos a non discriminación a través das seguintes actividades: Visualización   do vídeo  "Puercoespín en Navidad"  co obxectivo de reflexionar que ninguén debe ser rexeitado por ser diferente, xa que a diversidade é unha grande oportunidade de aprendizaxe, sendo moi importante traballar os valores da empatía e da amizade. A continu...

FEBREIRO

Para este mes propoñémosvos este conto para traballar a empatía, a envexa, a capacidade de alegrarse polas cousas boas que lle pasan aos demais e de valorar o que temos. Unha vez lido o conto pódese realizar a seguinte manualidade: - Realización do corazón cun caixón no que imos metendo todas aquelas cousas polas que podemos estar agradecidos na nosa vida. Para aqueles que queirades profundizar máis no tema recomendámosvos: Para os máis pequenos o seguinte conto: E para os máis maiores: Coma nas entregas anteriores tamén vos deixamos aquí outra sesión de mediatación. Convivencia CEP Altamira · Meditación Deixarémosvos por nivel unha destas barallas con moitas actividades de mindfulness. E este xogo de tarxetas: Pasaremos polas aulas a recoller os libros do Segredo de Flora. Esperamos que vos gusten as propostas e esperamos peticións.