Ir al contenido principal

FEBREIRO

Para este mes propoñémosvos este conto para traballar a empatía, a envexa, a capacidade de alegrarse polas cousas boas que lle pasan aos demais e de valorar o que temos.


Unha vez lido o conto pódese realizar a seguinte manualidade:
- Realización do corazón cun caixón no que imos metendo todas aquelas cousas polas que podemos estar agradecidos na nosa vida.


Para aqueles que queirades profundizar máis no tema recomendámosvos:

Para os máis pequenos o seguinte conto:


E para os máis maiores:


Coma nas entregas anteriores tamén vos deixamos aquí outra sesión de mediatación.

Deixarémosvos por nivel unha destas barallas con moitas actividades de mindfulness.


E este xogo de tarxetas:

Pasaremos polas aulas a recoller os libros do Segredo de Flora.

Esperamos que vos gusten as propostas e esperamos peticións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non volencia. Todo o centro preparou unha canción conxunta que quedou así de chula. As rapazas e rapaces do obradoiro de danza crearon os pasos e servíronnos de guía. Tamén fixemos unha actividade de aula na que cada clase aportou unhas cantas ideas da imaxe que se lles viña á cabeza cando pecchaban os ollos e pensaban na paz. Invitámosvos a lelas. Hai pensamentos moi interesantes. Para rematar de conmemorar esta data tan importante, colocouse un buzón de palabras bonitas no que o cada alumno e alumna lle excribíu a outro compañeiro ou compañeira qeu era o que máis lle gustaba del ou dela. Durante toda a semana fóronse repartindo as cartas ata que todo o alumnado tivo a súa.

25N

Como cada 25 de novembro conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Enmarcado dentro das actividades relacionadas con esta data, púxose en marcha o concurso de lemas e logos do 5 N. Aquí podedes ver todos os traballos finalistas. O lema e logo gañadores foron usados polo concello de Salceda de Caselas para presentar a súa programación de actividades do 25N. Ademais creáronse camisetas e chapas co lema e co logo que levaron como premio as finalistas e todo o alumnado participante no concurso. O propio 25N todo o CEP Altamira se xuntou na praza do concello para gardar un minuto de silencio en recordo e homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e ler un manifesto.  Ademais levouse a cabo a performance "Derrubamos os muros" no que alumnado do centro derrubou un muro formado por caixas con palabras escollidas polos nenos e nenas que queremos que deixen de estar relacionadas coa muller porque... BASTA! Estamos fartas.