Ir al contenido principal

OUTUBRO

Estas son as actividades que vos propoñemos para este mes.

Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica.

Libro "Eu son paz" 

Esta é unha fantástica proposta para que o noso alumnado coñeza o mundo da relaxación e o mindfulness.
Lédelle o conto ao voso alumnado. Deixámosvos aquí esta versión en galego.  Podedes descargala pinchando na seguinte imaxe:

Ou, se preferides, podedes visionar o conto no seguinte vídeo en castelán:


Unha vez que leades o libro propoñémosvos facer a seguinte relaxación.


A cápsula do medo 


Esta actividade consiste en meter nunha cápsula (que pode ser un bote de cristal) os medos que o alumnado escribíu previamente nun papel.
Antes de introducilos na cápsula cada alumno ou alumna deberá explicar a todas as compañeiras e compañeiros cal é o seu 
medo e o resto deberá darlle estratexias para superar ese medo.
Ao final de curso abrirase a cápsula dos medos e farase un análise de como avanzou cada un no xeito de enfrontarse a eses 
medos.

A maleta da positividade

Cada alumna e alumno terá unha maleta impresa en cartolina (incluso de cores) que podedes descargar pinchado na seguinte 
imaxe:

Entre todos e todas iremos dicindo cousas, lugares, situacións que nos fan sentir ben e cada un irá escribindo as que máis lle 
gusten na súa maleta.
Levaran a maleta recortada para a súa casa e poderana colgar pola asa onde a teñan á vista. Deste xeito, cada vez que se sintan mal poderán recordar aquelas cousas ás que poden acudir para sentirse mellor.
Para os nenos e nenas máis pequenos, que aínda non saben escribir, deixámosvos debuxos para que recorten e peguen na 
maleta.

Esperamos que estas actividades vos resulten interesantes e poñades algunha en práctica. 

Para rematar deixámosvos algúns libros máis relacionados coas temáticas que se traballan este mes e 
que tedes á vosa disposición na biblioteca do centro:





Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non volencia. Todo o centro preparou unha canción conxunta que quedou así de chula. As rapazas e rapaces do obradoiro de danza crearon os pasos e servíronnos de guía. Tamén fixemos unha actividade de aula na que cada clase aportou unhas cantas ideas da imaxe que se lles viña á cabeza cando pecchaban os ollos e pensaban na paz. Invitámosvos a lelas. Hai pensamentos moi interesantes. Para rematar de conmemorar esta data tan importante, colocouse un buzón de palabras bonitas no que o cada alumno e alumna lle excribíu a outro compañeiro ou compañeira qeu era o que máis lle gustaba del ou dela. Durante toda a semana fóronse repartindo as cartas ata que todo o alumnado tivo a súa.

Axentes verdes

Hoxe comezan a traballar os "Axentes Verdes". Estas patrullas buscan concienciar a todo o alumnado da importancia de manter os patios limpos.  Estes axentes traballarán nas horas de recreo por quendas dunha semana cada aula recordando a todas as nenas e nenos que os espazos de recreo son unha zoa común que temos que manter limpa entre todos e todas para unha mellor convivencia e coidado do noso planeta.