Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

OUTUBRO

Estas son as actividades que vos propoñemos para este mes. Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que a nimádevos a poñelas en práctica. Libro "Eu son paz"  Esta é unha fantástica proposta para que o noso alumnado coñeza o mundo da relaxación e o mindfulness. Lédelle o conto ao voso alumnado. Deixámosvos aquí esta versión en galego.  Podedes descargala pinchando na seguinte imaxe: Ou, se preferides, podedes visionar o conto no seguinte vídeo en castelán: Unha vez que leades o libro propoñémosvos facer a seguinte relaxación. Profe Belén · Medicación Guiada RESPIRA A cápsula do medo  Esta actividade consiste en meter nunha cápsula (que pode ser un bote de cristal) os medos que o alumnado escribíu previamente nun papel. Antes de introducilos na cápsula cada alumno ou alumna deberá explicar a todas as compañeiras e  compañeiros cal é o seu  medo e o resto deberá darlle estratexias para superar ese  medo. Ao final de curso abrirase a cápsula dos medos e farase