Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto intermedio, co obxectivo de reflexion