Ir al contenido principal

DECEMBRO

Está a piques de chegar Decembro e con el a segunda entrega de propostas de actividades de convivencia. Nesta ocasión especialmente dirixidas a traballar A RABIA e a FRUSTRACIÓN.

A PELOTA VERMELLA

A primeira actividade que vos propoñemos é a lectura do conto "A pelota vermella" que podedes atopar no libro "De mayor quiero ser feliz". Deixámosvos aquí unha versión en galego.


MEDITACIÓN.


DINÁMICA DE  ROLE PLAYING.

Consiste e que o alumnado colla unha das tarxetas que se propoñen e se poñan na situación que se expón. Deberán representar diante dos seus compañeiros e compañeiras como se sentirían eles en cada caso e como se enfrontan á situación normalmente. Poden facelo por parellas ou en grande grupo.
Deixámosvos tamén unha tarxeta en blanco por se queredes engadir máis escenarios.


Para complementar a tarefa, e despois de rematar o role playing ofreceremos ao noso alumnado opcións para superar estas situacións nas que a rabia e a frustración nos invaden.

Tamén podedes cubrir as seguintes fichas:


E como remate da actividade pasarémosvos o libro "O segredo de Flora". Entregarémosvos un en cada nivel para que o utilicedes durante uns días e logo o vaiades pasando ás outras clases do nivel.
Flora contaravos un importante segredo para sobrelevar os enfados e rabietas. 


Comentarios

Entradas populares de este blog

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

  Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia.  Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU"  que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza.  Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace:  LOU   A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace  ACTIVIDADES LOU   O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non volencia. Todo o centro preparou unha canción conxunta que quedou así de chula. As rapazas e rapaces do obradoiro de danza crearon os pasos e servíronnos de guía. Tamén fixemos unha actividade de aula na que cada clase aportou unhas cantas ideas da imaxe que se lles viña á cabeza cando pecchaban os ollos e pensaban na paz. Invitámosvos a lelas. Hai pensamentos moi interesantes. Para rematar de conmemorar esta data tan importante, colocouse un buzón de palabras bonitas no que o cada alumno e alumna lle excribíu a outro compañeiro ou compañeira qeu era o que máis lle gustaba del ou dela. Durante toda a semana fóronse repartindo as cartas ata que todo o alumnado tivo a súa.

Axentes verdes

Hoxe comezan a traballar os "Axentes Verdes". Estas patrullas buscan concienciar a todo o alumnado da importancia de manter os patios limpos.  Estes axentes traballarán nas horas de recreo por quendas dunha semana cada aula recordando a todas as nenas e nenos que os espazos de recreo son unha zoa común que temos que manter limpa entre todos e todas para unha mellor convivencia e coidado do noso planeta.