Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Traballando os medos.

Chegou a semana do Samaín e con ela o terror invade os centros. Que mellor momento ca este para traballar os medos? Aproveitando o intercambio de entradas para a semana de cine de terror os mais maiores pasaron polas aulas dos mais pequenos a contarlle un conto sobre os medos. Estes foron os contos que se traballaron. Se queredes volvelos ler só tedes que pinchar enriba da imaxe.  

Prácticas restaurativas

Esta semana o equipo de convivencia fixo unha visitiña polas aulas para asegurarse de que todas dispoñan de dous elementos fundamentais: 1. O obxecto da palabra. O obxecto da palabra é un elemento que se utiliza para facer círculos. Os círculos son unha ferramenta restaurativa que persegue: 1.1. Que interveña alumnado que normalmente non o fai. 1.2. Que haxa unha maior empatía e autoconfianza e, en consecuencia, un grupo-clase máis unido. 1.3. Que se verbalicen situacións que terían pasado desapercibidas. 1.4. Que se dea unha clara diminución dos conflictos na aula. 2. As tarxetas de pequenas reunións restaurativas. Estas tarxetas son un pequeno guión para afrontar situacións de conflicto na aula dun xeito restaurativo. Afrontar os conflictos deste xeito provocará: 2.1   Que o alumnado se respontabilice dos feitos posto que sabe que vai ser escoitado e poderá dar a súa visión do sucedido.  2.2. Unha maior empatía. 2.3. Restauración do dano. 2.4. Resolución real do conflicto. 2.5. Dimin