Benvid@s!!!
Neste espazo poderedes ver as actividades que o equipo de convivencia do CEP Altamira vai poñendo en marcha ao longo do curso.
Non deixedes de visitarnos e botarlle unha ollada ás novidades.
Buscar este blog
8 M - DÍA DA MULLER
O 8 de Marzo, día internacional da muller traballadora merece unha entrada especial no blog de convivencia do noso centro.
Aquí vos propoñemos unha selección de actividades para traballar ao longo de toda a semana ou calquera día do ano.
PARA O 1º CICLO
Pareceunos moi interesante a seguinte curta que recolle unha experiencia levada a cabo nun centro. A idea sería reproducila nas nosas aulas. Animádesvos?
Outra actividade interesante pode ser a lectura do conto "A TROGLODITA". Pincha na portada para acceder ao conto.
PARA O 2º CICLO
Visionado das seguintes curtas e posterior debate:
Lectura do libro Princesa 2.0. Pincha na portada para acceder ao libro.
PARA O 3º CICLO
Visionado do documental "LAS QUE FALTABAN" que aborda o dificil papel da muller na música.
Na seguinte canción podedes ver moitos exemplos de mulleres pioneiras nos seus campos.
Queredes escoitar música feita por mulleres?
Pinchade no seguinte enlace e atoparedes música de todos os xéneros e para todos os gustos.
E xa para rematar deixámosvos este conto para todos os niveis e idades, incluso para os adultos. Un gracioso conto que nos demostra que os estereotipos siguen moi dentro de nós.
Loitemos porque esto cambie.
Non esquezades tamén que na biblioteca tedes unha grande selección de máis libros e contos relacionadas con esta temática. Animádevos a escoller algún para levar ás vosas aulas.
Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional para traballar o Día da Paz e da Non Violencia. Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!! VISUALIZACIÓN DO CORTO "LOU" que nos permite reflexionar sobre a problemática do violencia escolar, así como traballar valores tan importantes como a tolerancia, comunicación e a confianza. Podemos visualizar o corto educativo no seguinte enlace: LOU A continuación podemos levar a cabo as actividades relativas ao corto no seguinte enlace ACTIVIDADES LOU O SEMÁFORO DO DÍA DA PAZ trátase dunha actividade na que debemos confeccionar un semáforo e os alumnos/as teñen que clasificar as distintas accións coa axuda dos cores. As verdes están relacionadas coas accións que aporten paz e tranquilidade na aula, as vermellas as que aporten malestar na aula e as laranzas as accións que se sitúan nun punto int...
Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional!! Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!! Recomendación lectora do libro: "El consentimiento " Na biblioteca escolar dispoñemos do libro "El consentimiento" o cal nos permite pensar cales son os límites e como establecelos. Para que o poidades disfrutar e coñecer o seu contido o equipo de convivencia e benestar facilitará aos distintos niveis educativos a posibilidade de empregalo nas súas aulas para traballar máis fondamente nesta temática tan importante co noso alumando Traballamos a non discriminación a través das seguintes actividades: Visualización do vídeo "Puercoespín en Navidad" co obxectivo de reflexionar que ninguén debe ser rexeitado por ser diferente, xa que a diversidade é unha grande oportunidade de aprendizaxe, sendo moi importante traballar os valores da empatía e da amizade. A continu...
Está a piques de chegar Decembro e con el a segunda entrega de propostas de actividades de convivencia. Nesta ocasión especialmente dirixidas a traballar A RABIA e a FRUSTRACIÓN. A PELOTA VERMELLA A primeira actividade que vos propoñemos é a lectura do conto "A pelota vermella" que podedes atopar no libro "De mayor quiero ser feliz". Deixámosvos aquí unha versión en galego. MEDITACIÓN. DINÁMICA DE ROLE PLAYING. Consiste e que o alumnado colla unha das tarxetas que se propoñen e se poñan na situación que se expón. Deberán representar diante dos seus compañeiros e compañeiras como se sentirían eles en cada caso e como se enfrontan á situación normalmente. Poden facelo por parellas ou en grande grupo. Deixámosvos tamén unha tarxeta en blanco por se queredes engadir máis escenarios. Para complementar a tarefa, e despois de rematar o role playing ofreceremos ao noso alumnado opcións para superar estas situacións nas que a rabia e a frustración nos invaden. Tamén podedes...
Bo traballo! Xa feito coas nenas e nenos na aula con moi bo resultado no posterior debate:)
ResponderEliminarFELIZ NOSO DÍA COMPAÑEIRAS!!!