Ir al contenido principal

Entradas

DIA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Entradas recientes

O Consentimento e a Non discriminación

Estas son as actividades que vos propoñemos dende o Equipo de Convivencia e Benestar emocional!! Consideramos que se poden adaptar a todos os niveis, así que animádevos a poñelas en práctica!!  Recomendación lectora do libro: "El consentimiento " Na biblioteca escolar dispoñemos do libro "El consentimiento" o cal nos permite pensar cales son os límites e como establecelos. Para que o poidades disfrutar e coñecer o seu contido o equipo de convivencia e benestar facilitará aos distintos niveis educativos a posibilidade de empregalo nas súas aulas para traballar máis fondamente nesta temática tan importante co noso alumando   Traballamos a non discriminación a través das seguintes actividades: Visualización   do vídeo  "Puercoespín en Navidad"  co obxectivo de reflexionar que ninguén debe ser rexeitado por ser diferente, xa que a diversidade é unha grande oportunidade de aprendizaxe, sendo moi importante traballar os valores da empatía e da amizade. A continu

BANCOS DA AMIZADE

Os novos bancos da amizade xa están listos. Serán lugar de encontro entre mediadoras e mediadores e alumnado así como para todas as alumnas e alumnos que queiran resolver un conflicto mediante o diálogo pola súa conta ou simplemente pasar un anaco agradable coas amigas e os amigos. Non nos cabe ningunha dúbida de que serán todo un éxito.

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non volencia. Todo o centro preparou unha canción conxunta que quedou así de chula. As rapazas e rapaces do obradoiro de danza crearon os pasos e servíronnos de guía. Tamén fixemos unha actividade de aula na que cada clase aportou unhas cantas ideas da imaxe que se lles viña á cabeza cando pecchaban os ollos e pensaban na paz. Invitámosvos a lelas. Hai pensamentos moi interesantes. Para rematar de conmemorar esta data tan importante, colocouse un buzón de palabras bonitas no que o cada alumno e alumna lle excribíu a outro compañeiro ou compañeira qeu era o que máis lle gustaba del ou dela. Durante toda a semana fóronse repartindo as cartas ata que todo o alumnado tivo a súa.

25N

Como cada 25 de novembro conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Enmarcado dentro das actividades relacionadas con esta data, púxose en marcha o concurso de lemas e logos do 5 N. Aquí podedes ver todos os traballos finalistas. O lema e logo gañadores foron usados polo concello de Salceda de Caselas para presentar a súa programación de actividades do 25N. Ademais creáronse camisetas e chapas co lema e co logo que levaron como premio as finalistas e todo o alumnado participante no concurso. O propio 25N todo o CEP Altamira se xuntou na praza do concello para gardar un minuto de silencio en recordo e homenaxe ás vítimas de violencia de xénero e ler un manifesto.  Ademais levouse a cabo a performance "Derrubamos os muros" no que alumnado do centro derrubou un muro formado por caixas con palabras escollidas polos nenos e nenas que queremos que deixen de estar relacionadas coa muller porque... BASTA! Estamos fartas.

As mediadoras e mediadores visitan as aulas.

As nosas mediadoras e mediadores xa están listas e listos para comezar a traballar así que hoxe comezaron a visitar as aulas exlicándolle a todo o alumnado cal é a súa función, donde poden atopalos, en que casos poden ir a mediar e a solventar todas as dúbidas que os nenos e nenas podían ter. A próxima semana comezan! Moito ánimo rapazada!

Axentes verdes

Hoxe comezan a traballar os "Axentes Verdes". Estas patrullas buscan concienciar a todo o alumnado da importancia de manter os patios limpos.  Estes axentes traballarán nas horas de recreo por quendas dunha semana cada aula recordando a todas as nenas e nenos que os espazos de recreo son unha zoa común que temos que manter limpa entre todos e todas para unha mellor convivencia e coidado do noso planeta.